10 nov 2009

IMOS DE MAGOSTO

Mañá día 11 de novembro todo o alumnado do CRA de Monterrei, así como nós as/os profes e algunha mamá imos ata o pobo de Xironda para celebrar o magosto cos 4 amiguiños/as dese cole.
ESperamos non nos chova.

26 oct 2009

ESTAMPACIÓN DE MANS



Co grupo de 3 anos da aula de Pazos estivemos facendo estampación de mans. Foi moi divertido sentir o pincel e a pintura nas mans, todo un descubrimento para estes pequenos exploradores que quedaron con ganas de repetir.

CONFECIONAMOS MANTELES EN FECES



Os nenos e nenas da aula de Feces estiveron facendo un mantel para logo plastificar e empregalo para comer enriba ou facer plastelina e non manchar as mesas.
Quedaron moi chulos coa pegada da man de cada un deles.

BENVIDOS

Benvidos a todas e todos. Con este blog pretendo facer unha pequena recolecta das actividades que levamos a cabo no CRA de Monterrei, para que todos os membros da comunidade educativa poidan acceder a elas,e aínda que esteamos separados pola distancia física da zona, teñamos un vínculo máis para traballar xuntos.